Deportes

Nigrán acolle a fase final do Campionato Galego de Balonmán Praia

Os días 24 e 25 de xullo celebraranse en Nigrán a última proba e a fase final da terceira edición do Campionato Galego de Balonmán Praia. Trala disputa do torneo de Cangas coñécese o nome de sete dos equipos clasificados para a final e o día 24 decidirase o oitavo clasificado.

No torneo de Cangas, que logrou récord de participación de equipos, o numeroso público que se congregou na praia de Rodeira gozou con dúas xornadas de balonmán praia de moito nivel. Na categoría feminina, El Bunga superou a Las Merengue Merengue na gran final, mentres que o terceiro clasificado foi o equipo das Espartanas.

Na masculina, a vitoria foi para BMP Painkillers que gañou no último partido a Chufisad, mentres que a terceira posición foi para o Bueu Atlético. Así, trala celebración do torneo de Cangas coñecemos o nome dos sete equipos clasificados para a fase final que se disputará en Nigrán o xoves día 25. A oitava praza decidirase o día anterior no torneo de Nigrán, no que poderán participar calquera equipo inscrito no Campionato Galego.

Para inscribirse terán que facer a inscrición na páxina web www.verandeportivo.comantes do martes ás 15 horas  poñendo como observacións: ‘Torneo Nigrán’ -. O gañador de cada unha das categorías logrará a clasificación directa para a fase final.

Na fase final do día 25,  na categoría feminina, hai sete equipos con praza asegurada: El Bunga, As de Sempre, Las Merengue Merengue, Waterfuckers, Espartanas, 100 x 100 Animal e Ac Kalo; mentres que na masculina os conxuntos clasificados son: BMP Painkillers, PTV Handstar, BMP Panchitos, Sin Semilla, Limpiezas Arcoiris, Chufisad e A Pousada Do Couto.

 

También te puede interesar