Vigo al minuto

Emprego asegura que dedica 8,2 millons á formación de 2.700 desmpregad@s vigues@s

A directora xeral do Emprego e Formación explicou este luns que a Consellería de Traballo dedica máis de 8,2 millóns de euros a cursos de formación para persoas desempregadas da área de Vigo, unha cantidade que, no caso da cidade olívica, ascende a 7,1 millóns de euros.

Ana María Díaz salientou que as políticas activas de emprego son a “nosa máxima preocupación» e que a Xunta «decidiu blindalas malia os axustes presupostarios. Porque seguimos crendo que isto non é gasto, senón inversión».

En canto aos cursos máis demandados, destacou os vinculados ao sector de automoción e os relacionados coa dependencia. Así mesmo, tamén citou os relacionados co sector turístico e hostalaría.

Díaz apuntou que no conxunto de Galicia se invisten este ano case 41 millóns de euros en formación para desempregados, da cal se beneficiarán máis de 14.000 persoas. A esta partida, súmase outra de preto de 7 millóns de euros que se destinan a formación para persoas ocupadas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.