Deportes

Atletismo e traiñas, esta fin de semana en Vigo

Traiñas/Foto: Deporte Galego

Esta fin de semana, disputaranse en Vigo dous importantes premios deportivos de este verán. O sábado 20 de xullo a XXXIV Edición do Gran Premio Cidade de Vigo de atletismo en pista, e a XXI Bandeira Concello de Vigo de traíñas odomingo 21 de xullo.

O Gran Premio Cidade de Vigo dará comezo ás 7 da tarde nas pistas de Balaidos coa disputa das serie de 100 metros lisos, finalizando sobre as 9 da noite coa carreira de 5.000 metros.

Entre as diferentes probas a desputar inclúese, lanzamento de martelo, de peso, salto con pértega, cen metros lisos, catrocentos ou mil. A súa 34ª edición contará coa participación de atletas de renome internacional como Frank Casañas, quinto no lanzamento de disco nas Olimpiadas de Pekín.

A XXI Bandeira Concello de Vigo de traíñas, organizada polo Clube de Remo de Coruxo terá lugar o próximo domingo, día 21,ás 12 da mañá. Nove equipos participarán este ano nunha proba que comezará desde a Ponte de Toralla, composta por 3 tandas nas que os equpos terán que recorrer 5,560 metros. A Bandeira Concello de Vigo é unha das máis antigas e importantes regatas de Traíñas de Galicia.

 

También te puede interesar