RGPD - Cookies
Vigo al día

A humanización da rúa Brasil rematará no mes de setembro

Unha vez rematado o tramo que vai desde a Praza de Isabel A Católica ata Vázquez Varela, nestes momentos, estase a acometer a segunda fase, desde Vázquez Varela ata Gran Vía.

O alcalde, que fixo unha visita ás obras, explicou que a densidade do tráfico da zona impediu reducir os carrís de circulación desta rúa, aínda que se ampliaron as beirarrúas e se mantén o aparcamento. En total, puntualizou, trátase dunha actuación de medio kilómetro, cun orzamento de 1,9 millóns de euros. Instalaránse, engadiu, 100 árbores, granito de alta calidade, 55 luminarias, 500 metros de colectores de saneamento e abastecemento, ademais dunha ducia de bancos.

 

También te puede interesar