Vigo al minuto

Feijóo recoñece que a devolución do tax-lease pode influir na decisión final de Pemex

O presidente da Xunta recoñeceu este xoves que a petroleira mexicana Pemex avalía o impacto da decisión da devolución do tax lease entre 2007 e 2011 para os seus proxectos de entrar no conxunto de accionistas do estaleiro vigués Barreras e a construción dos dous floteles, co fin de adoptar «a decisión definitiva».

«Agora acreditamos que os problemas dos contratos de Pemex era do tax lease dende o punto de vista de inicio de corte e chapa. Os contratos de Pemex son os que eran e nos dixo que empezaba a avaliar a resolución para tomar a decisión definitiva», sentenciou Feijóo, antes de engadir que o seu goberno traballa para deixar craro que o risco patrimonial adicional é «inexistente».

Ao termo do Consello deste xoves, Feijóo adiantou os pasos que poden darse dende agora logo da decisión de Comisión, entre eles apuntou a un recurso ante o Tribunal de Luxemburgo, «minimizar os efectos tributarios da resolución e adoptar medidas para enfrontar os problemas de financiamento«.

Outras novas: Feijóo fai unha promesa, «se houbese solución ao tax-lease, chegarán contratos aos asteleiros».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.