Comarcas

Afectados polas Preferentes presentan ao alcalde de Tui facturas pola destrución de material logo do desaloxo do Concello

A Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas do Baixo Miño fará entrega ao alcalde de Tui de dúas facturas “tralo destrozo do material cedido por un grupo de monologuistas do Baixo Miño”, no desaloxo do salón de plenos dos afectados.

Este material, segundo a Plataforma,  era unha caixa fúnebre que os cómicos empregaban nas súas actuacións, “e que nos emprestaron temporalmente coma medida de apoio”. Os afectados aseguran que, durante o  desaloxo, esta caixa desapareceu, ao igual que unha serie de pancartas reivindicativas.

A plataforma tamén se pregunta o porqué do feito de que dende que Moisés Rodríguez leva a presidencia da Mancomunidade, non pagou ningún autobús da plataforma “e debe xa 6 servizos destos autobuses. Hai que lembrar que hai un acordo de que a Mancomunidade se faría cargo dos autobuses que os afectados empregan para mobilizacións a nivel nacional, xa que “se entende que éstes xa teñen gastos dabondo tras quedarse sen os seus aforros”.

Os afectados poderán ver ao alcalde, xunto ao seu equipo de goberno “no pleno extraordinario da Deputación que se celebrará o vindeiro venres, e, se tratará exclusivamente das preferentes e subordinadas”. Alí, subliña a Plataforma do Baixo Miño, “desexamos contar co seu verdadeiro apoio como dí nos medios de comunicación”, porque tralo desaloxo dos afectados, “o rexedor non voltou a recibir aos portavoces da plataforma, nin  viron feitos que así o constaten. De  feito o único día que nos recibiu, somentes para facerlle entrega dun escrito, solicitando unha solución, que aínda non respostou”.

 

También te puede interesar