Galicia

Outro fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 85 persoas debido a 58 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 13 , ate as 12 da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 24 accidentes.

A Central de Coordinación do 061recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 58 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 85 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 57 e do 43% e nas idades dos feridos, obsérvase cun 37% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos. Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 26 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 80. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a tres sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 66 accidentes e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en catro ocasións.

En 62 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, 10 foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e 13 se atenderon nun centro de atención primaria.

 

También te puede interesar