RGPD - Cookies

O dereito de manifestación redúcese diante dos Príncipes de Asturias

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra ven de comunicar aos Afectados pola Compra de Preferentes que deberán cambiar o seu lugar de protesta, prevista para este martes, día 16, á entrada de Escola Naval de Marín pola visita dos Príncipes de Asturias.

O subdelegado do Goberno enviou un escrito a varias plataformas na que lles indica que dado que á mesma “coincide no horario e no intinerario con diferentes actos xa programados, deberán presentar outra ubicación” para a súa concentración.

Os afectados criticaron esta decisión de Antonio Coello e indicaron que mentras modificou a protesta, trasladándola á Alameda de Marín, “por tratarse do lugar máis achegado e viable”, entenden que “hai outros lugares máis visibles e efectivos para manifestarse e que o Goberno nos escoite”.

Tendo esto en conta, si ven os afectados non se situarán na entrada da escola Naval, cambiarán o seu lugar, non á Alameda, como quere o subdelegado, senon ao Paseo Marítimo Alcalde Antonio Blanco e á acera de Augusto Miranda, comprometéndose a “non entorpecer o tráfico nin a poner en perigo a seguridade das autoridades”.

 

También te puede interesar