Comarcas

Xa hai cobertura de Movistar a móviles e Internet logo do incendio que afectou a un transformador en Nigrán

Un incendio rexistrado arredor das 4 da mañá deste sábado nun transformador en instalacións de Movistar en A Ramallosa, produciu unha caída do servizo de telefonía que afectou miles de clientes na zona.

Segundo acrarou o alcalde de Nigrán ás 3 da tarde o servizo xa funcionaba de novo. Alberto Valverde subliñou que a falla de cobertura afectou “a milleiros de personas”, ainda que a compañía non concretou a cifra exacta. O servizo de Emerxencias indicou que o incendio tardou en extinguirse preto de dúas horas e media, tras o cal técnicos da compañía entraron ao lugar para proceder aos diferentes arranxos. Os Bombeiros non poideron conectar coa Garda Civil e outros servizos debido á falla de cobertura.

 

También te puede interesar