Comarcas

Evacúan a un traballador do Camping de Cíes aqueixado dunha peritonite

Policías da Comisaría de Vigo, de servizo de patrulla nas Illas Cíes coordinaron a evacuación en helicóptero dun traballador do cámping afectado por unha peritonite. Os feitos tiveron lugar na tarde deste mércores, cando o traballador sentiuse mal e, inmediatamente tanto os axentes comoa a Cruz Vermella, Protección Civil e o servizo forestal, iniciaron localización dun médico entre os visitantes.

Finalmente, un facultativo puido atender ao empregado do cámping, que refería fortes dores, e diagnosticoulle a devandita doenza, o que facía necesario o seu inmediato traslado a un centro médico, polo cal deuse aviso a un helicóptero de Salvamento.

Entre todos os membros dos diferentes corpos de Emerxencias prepararon unha zona  de aterraxe no que que o aparello tomou terra para evacuar o enfermo, que foi trasladado a a un hospital.

 

También te puede interesar