Vigo al minuto

AGE denuncia que en Povisa hai estudantes facendo o traballo dos médicos e sen supervisión

A deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Consuelo Martínez,  denunciou este martes a “grave situación asistencial de Povisa» hospital no que, salientou, “os alumnos, dado que Povisa é unha escola universitaria, fan tarefas propias de médicos e sen supervisión”. Martínez indicou que, ademáis, “a falta de persoal produce erros en pacentes, mesmo no seus datos, como nomes e apelidos” e que “houbo casos de meninxite que non se puxeron en coñecemento do Sergas porque o proipio hospital non o sabe ao non poder realizar as probas pertinentes”.

A deputada sinalou que a Xunta da 75 millóns anuais a Povisa e que maila a iso,«a  explotación laboral aumenta cada día” e angadiu que o comité de empresa xa gañou unha sentenza que condenou á compañía por abusos laboráis.

Para a parlamentaria, a Consellería de Sanidade é complice de todo isto, polo cal pediu, hai xa catro meses, a comparecencia no Parlamento da conselleira Mosquera, “pero non obtivemos resposta, e iso que é a súa consellería a que ten que controlar, saber e fiscalizar o que se fai neste centro”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.