Galicia

Dous mortos e 79 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 79 persoas debido a 64 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, 28 de xuño, ata as 12 da noite de este luns. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 25 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 75 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 64 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 79 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 69 e do 31%, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 49% dos atendidos tiña entre os 20 e os 39 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 32 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 79. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a dous sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu a dúas persoas, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 64 accidentes e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en castro ocasións.

En 65 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, oito foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e catro se atenderon nun centro de atención primaria e dous persoas faleceron no lugar do sinistro.

 

 

También te puede interesar