Comarcas

A Escola Municipal de Música de As Neves, remata o curso este sábado cun gran concerto

A Escola Municipal de Música de As Neves, considerada unha das mellores de Galicia, remata o curso 2012-2013 cun concerto a cargo dos alumnos da mesma. O mesmo terá lugar este sábado, día 29, ás 8 da tarde no Auditorio Vázquez Portomeñe, e no mesmo os familiares, pais e nais de alumnos, amigos e, en xeral, os amantes da música, poderán disfrutar do excelente traballo levado a cabo durante este ano, traballo que ven de merecer as mellores críticas dos especialistas en diferentes instrumentos.

Ao mesmo tempo, o Concello informa da apertura do Prazo de Matrícula para o ano que ven. O mesmo estará aberto dende o día 1 de xullo ata o día 15 de Xullo, nas oficinas do Concello de As Neves, no horario de 10 a 12 horas.

Aqueles que se matriculen por primeira vez, terán que presentar o DNI, 3 fotografías tamaño carné, o Libro de Familia e un número de conta para a domiciliación bancaria. Os que xa estiveron matriculados, aportarán as pepeletas coas notas do curso anterior e o número de conta bancaria. Alumnos matriculados no curso anterior: papeleta de notas curso anterior, conta domiciliación bancaria e 2 fotografias tamaño carnet

As tarifas son:

Música e movemento ( de 4 a 7 anos), cursos 1º e 2º: matrícula, 50 €, cuota mensual, 18 €. De 6 e 7 anos: Linguaxe 2 h. semanais ( Instrumento 30 minutos  semanais clase individual o 2 alumnos en grupos de 1 hora): Matrícula, 50,00 € , cuota mensual, 20,00 €. Ensino Instrumental ( de 8 a 18 anos ). A) Nivel I (1º e 2º curso): matrícula, 60 € e cuota mensual, 20 €. B) Nivel II (3º e 4º curso), matrícula, 60 €, cuota mensual, 20 €. C) Nivel III (5º curso), matrícula, 65 €, cuota mensual, 22 €. D) Por libre, incluíndo a preparación de acceso a grado medio, cursos 1º e 2º, matrícula, 65 €, cuota mensual, 25 €.

Adultos (maiores de 18 anos), Opción A.- linguaxe 2 horas semanas, instrumento 30 minutos semanais o 2 alumnos en grupos dunha hora, matrículoa, 90 €, cuota mensual, 25 €. Opción B.- linguaxe 2 horas semanas, instrumento 1 hora semanal individual, matrícula, 90 €, cuota mensual, 40 €. Opción C.- clases colectivas en grupos dunha hora, matrícula, 60 €, cuota mensual por cada instrumento, 20 €. Libre, instrumento 1 hora semanal individual, matrícula, 60 €, cuota mensual por instrumento, 30 €.

 

También te puede interesar