RGPD - Cookies
Vigo al día

O 11 de xullo remata o prazo para solicitar un dos 7 pisos de Navia para desafiuzados

O próximo 11 de xullo remata o prazo para solicitar as sete vivendas de titularidade municipal de Navia que o Concello facilita a persoas afectadas por execucións hipotecarias na cidade. O obxectivo é realoxar temporalmente a familias viguesas que foron desafiuzadas e ubicalas, durante un periodo de dous anos prorrogables por outros seis meses, nos sete pisos do Concello en Navia, sen ter que pagar aluguer algún e cos únicos gastos dos servizos e da comunidade, e o pago de 50 € de garantía.

Para optar ás sete viviendas, os pisos embargados debían ser os habituais, estar no termo municipal de Vigo e non poden derivar dunha hipoteca superior aos 180.000 €, que ninguén dos interesados teña unha vivenda en propiedade, que estean empadroados en Vigo desde hai un ano e que a unidade convivencial teña ingresos non superiores a 1,5 veces o IPREM. A medida ten efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2008.

Dentro dos que cumpran os requisitos para optar, o Concello concederá prioridade -e por tanto unha maior puntuación no baremo- ás familias numerosas, con menores ao seu cargo e con todos os seus membros no paro, ás vítimas de violencia de xénero e ás persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. Para puntuar e baremar as solicitudes, creouse unha Comisión de Valoración conformada por técnicos municipais, sen ningún cargo político, que estará presidida pola xerente de Urbanismo, cos xefes de área de Benestar, Igualdade e Vivenda como vocais e un administrativo de Vivenda como secretario

 

También te puede interesar