Vigo al minuto

Milleiros de personas maniféstanse en Vigo contra o empobrecemento e polo emprego

Inicio da manifestación, este mércores, en Vía Norte/Tresyuno Comunicación

Milleiros de personas sairon á rúa hoxe en Vigo atendendo o chamamento da Confederación Intersindical Galega (CIG), para denunciar o empobrecemento da economía da comarca que, salientaron, trouxo unha perda de máis de 5.000 postos de traballo ao ano dende 2008.

Baixo o lema ‘Contra o saque e o empobrecemento. Polo Emprego na nosa comarca. Por unha industria con futuro’, a manifestación saiu pasadas as 8 da tarde do cruce de Urzáiz con Vía Norte, con gritos de “Rajoy, Feijóo demisión!” ,“Amigo de Marcial escoita ao Naval!” – en referencia ao presidente da Xunta e a súa difundida foto con Marcial Dorado, ou a xa histórica “PSOE, PP a mesma merda é!”.

Segundo denunciaron os responsables da CIG, o desemprego na comarca de Vigo medrou más dun 24% en catro anops, pasando dos 38.750 parad@s en novembro de 2009 a 51.059 na actualidade, “que poden ser 80.000 xa que non se contabilizan a aquel@s que tiveron que emigrar nin os que están anotados en cursos de formación, que non se reflicten nas listas do INEM”.

Coma “consecuencia da política antisocial da ‘Troika’ – formada polo Fondo Monetario, o Banco Central Europeo e a Comisión Europea- a metade dos fogares da bisbarra de Vigo chegan con dificultades a final de mes”, ademáis milleiros de personas vence forzadas a acudir a organización asistenciais para garantir a súa alimentación, “e centos permanecen sen un teito baixo o que vivir”.

En opinión da CIG, culpa de todo elo é o feito de que a Xunta e o Goberno estatal asumiron esas políticas da ‘trioka’, que “levou a que preto do 60% das industrias e factorías do sector industrial de Vigo e a súa comarca desaparecesen”. Especialmente desesperada é a situación do Naval , onde “medidas discriminatorias coma a suspensión do tax-lease, deixaron sen emprego a 8.000 familias”, unha situación que espállase á construcción e á Automoción.

Por todo elo, e “tendo en conta que o capital privado non ten vontade para reactivar a economía”, a CIG demanda unha intervención pública “que poña enj marcha as nosas capacidades productivas, en especial na industria, que é un sector estratéxico para Vigo”.

 

También te puede interesar