Vigo al minuto

Os sindicatos, dacordo en que o alcalde reúna ao Consello Económico antes da manifestación de Peinador

As centrais sindicais maioritarias da cidade apoiaron a demanda do BNG para que o alcalde convoque o Consello Económico e Social e aúne forzas para defender Peinador, tal e como manifestaron os secretarios comarcais de CCOO, UGT e CIG tras a xuntanza que mantiveron coa portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, o responsable local do Bloque, Henrique Viéitez.

“Nesta xuntanza quixemos trasladar ás centrais sindicais a nosas alternativas para Peinador”, explicou Iolanda Veloso ao remate da reunión. Segundo destacou, o documento elaborado pola formación nacionalista inclúe medidas para que a terminal viguesa “poida saír adiante dentro do sistema aeroportuario galego”.

A portavoz municipal do BNG insistiu en instar a Abel Caballero a que convoque o CES, “para que a concentración do 19 sexa cidadá e non de partido”, salientou. Neste sentido, destacou a coincidencia do Bloque e as centrais sindicais na pertinencia de convocar o CES.

Ao seu xuízo, a convocatoria deste organismo, -do que forman parte as formacións políticas, os sindicatos, a Universidade, a Favec e diversos colectivos empresariais da cidade-, serviría para “poñer enriba da mesa os puntos que nos unen na defensa de Peinador”.

Iolanda Veloso salientou que onte demostrouse a que a convocatoria feita polo alcalde para o día 19 é unha “convocatoria partidista”. Asegurou que así o confirma “o feito de que non nos contestara o alcalde, senón un cargo orgánico do PSOE”. Para a portavoz nacionalista, este feito conforma que nesta convocatoria para a vindeira semana “o alcalde fai un uso partidista da institución”.

“Non hai para pan e pagamos estampitas”, contestou Iolanda Veloso á pregunta feita polos medios sobre que o Concello de Vigo paque a actuación da orchestra Panorama o día 19. Ao respecto, as tres centrais sindicais manifestaron tamén a súa disconformidade de que se pague con diñeiro público esta actuación.

 

También te puede interesar