Voluntarios e personal das Illas Atlánticas participan na limpeza de Ons

Voluntarios que limparon o arquipélago de Ons

A Xunta vén de executar no arquipélago de Ons unha tarefa de limpeza, que concluíu coa retirada de catro metros de residuos. Os primeiros traballos de este ano consintiron en concreto, na recollida de  desperdicios nas reservas da isla de Onza e a enseada de Fedorentos entre o que se recolleron boias, nasas, restos de plásticos e latas. Tamén se quitaron artes de pesca abandoadas, que constitúen un elemento moi perigoso pola súa capacidade de atrapar fauna de maneira indiscriminada.

Esta tarefa de limpeza e mantemento foi executada por un grupo de voluntarios  da Federación Galega de Piragüismo e a Asociación de Kaiac de Mar, que estiveron acompañados por técnicos e persoal do Parque Nacional Maritimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. A retirada do material efectuouse de forma manual co fin de no afectar aos ecosistemas naturais do entorno.

Ademais da mellora no estado natural do entorno que supón a retirada de estes restos, a actuación encontrase dentro do fomento dos valores do Parque Nacional; é por elo que as recollidas de residuos continuarán durante todo o verán en diferentes zonas do Parque, sendo a próxima limpeza no mes de xullo nos arquipélagos das Cíes e Cortegada.

O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas foi a primeira area protexida de España en incorporarse ao Convenio OSPAR, que ten coma obxecto protexer o entorno marítimo do Nordeste Atlántico coa eliminación da contaminación e dos efectos negativos da actividade humana.

O entorno do Parque Nacional está composto polos Arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora y Cortegada e as augas do seu arredor, e abranga unha superficie total de 8.480 hectáreas. O arquipélago de Ons sitúase á entrada da ría de Pontevedra e está composto pola illa de Ons e a de Onza. A primeira de elas presenta menos acantilados que  as Cíes e está acompañada por pequenos illotes. Na súa cara este asíntanse algunhas vivendas, acompañadas dos seus característicos hórreos, así como os cultivos de millo e pataca, a elas ligados. Por outro lado a illa de Onza, é moito máis pequena e está deshabitada.

 

También te puede interesar