Ciencia y Tecnología

So un 3% dos galegos con disfunción eréctil sabe que padece esta enfermidade

O coordinador do ‘Atlas da disfunción eréctil en Galicia’, o doutor Manuel Varela, explicou este luns que trátase dunha enfermidade aínda infradiagnosticada e «infratratada xa que soamente o 3% dos pacientes estudados» estaban diagnosticados.

Ao respecto, sinalou que so o 5,7% dos médicos de Atención Primaria galegos pregunta sempre os seus pacientes varóns acerca dunha posible disfunción eréctil (DE). A Asociación Española de Androloxía, Medicina Sexual e Reprodutiva (Asesa), presentou os resultados do ‘Atlas da disfunción eréctil en Galicia’, un proxecto coordinado por Asesa, coa colaboración de Bayer, que se puxo en marcha hai un ano para coñecer a situación desta patoloxía en todo o Estado.

Segundo datos do Instituto Nacional de Estadística (INE) de outubro de 2012, Galicia conta cunha poboación de 852.525 homes de entre 25 e 70 anos. Asumindo unha prevalencia de disfunción eréctil do 18,9% en homes de 25 a 70 anos, segundo se extrae dun estudio epidemiolóxico realizado no país usando o cuestionario International Index of Erectile Function, 161.127 galegos de entre esas idades, padecerían unha disfunción eréctil.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.