RGPD - Cookies
Galicia

Fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 75 persoas debido a 43 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres e as 12 da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 23 accidentes. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 44% dos atendidos tiña entre os 24 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 21 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 65. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a seis sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu a un ferido, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 51 accidentes, os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres ocasións e as ambulancias convencionais acudiron a catro sinistros.

En 68 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, cinco foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado, dous se atenderon nun centro de atención primaria.

 

También te puede interesar