Comarcas

Campamentos Urbanos e Deportivos en Tui

O Concello de Tui organiza os Campamentos Urbanos e Deportivos de Verán 2013, que se levarán a cabo durante o mes de xullo e a primeira quincena do mes de agosto. A  Concellería de Deportes tudense aposta por aumentar unha quincena máis, das dúas que se realizaron na pasada tempada, contando con dúas quendas no mes de xullo e unha máis na primeira quincena de agosto.

Os campamentos urbanos e deportivos de verán van destinados aos [email protected] e [email protected] de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos – idades cumpridas ao inicio de cada quenda –. Segundo os responsables locais, “co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral”.

As inscricións realizaranse na secretaría do Concello de Tui, dende o día 3 ata o 11 de xuño, no horario de 9 da mañá a 2 da tarde, entregando cumprimentado o formulario de solicitude xunto á documentación requirida nas bases, que poden consultarse na páxina web do Concello de Tui www.concellotui.org ou na secretaría do concello.

Nas actividades previstas pretendese o fomento de hábitos de vida saudables, a educación en valores, o respecto a un mesmo e aos demais así como ao noso entorno, artellado entre torno á practica deportiva e de xogos.

 

También te puede interesar