Galicia

Quérote+ orientou en materia afectivo-sexual a máis de 9.336 alumnos de Secundaria

Os técnicos dos centros Quérote+ realizaron máis de 1.556 horas de formación en materia afectivo-sexual ao longo deste curso, nun total de 389 aulas de educación secundaria de 132 centros, nas que participaron arredor de 9.336 alumnos de entre 14 e 16 anos. Estes obradoiros levan por título ‘Socializando’.

Este 17 de maio, celebrase en todo o mundo o Día Internacional en contra da homofobia, lesfobia e transfobia. Difundir entre os adolescentes valores de respecto á diversidade na orientación ou identidade sexual é unha parte fundamental dos cursos que os equipos do programa Quérote Máis organizan nos centros escolares de Galicia.

Ademais de concienciar aos alumnos sobre a importancia de evitar situacións de conflito por mor da orientación sexual, os cursos ‘Socializando’ tamén abordan os métodos anticonceptivos e de protección contra as enfermidades de transmisión sexual. Búscase que a mocidade poida ter unha información fiable e que coñeza un recurso profesional ao que poder recorrer se lle xorden dúbidas.

Á marxe dos obradoiros’ Socializando’, os equipos do Quérote Máis tamén están levando a cabo cursos de convivencia nas redes sociais, de ocio responsable e de imaxe corporal para alumnos de educación secundaria e bacharelato, ata sumar un total de 4.340 horas lectivas durante este curso escolar.

 

También te puede interesar