Vigo al minuto

Este domingo móvete en bici por Vigo e pedalea por UNICEF

O próximo domingo, día 19, as rúas de Vigo acollerán a II Marcha «Pedaleando pola Infancia» que organizan A Golpe de Pedal  e o Club Ciclista Vigués. A proba, na que os participantes poderán doar 1 € por número, sairá da Praza do Rei ás 11 da mañá.

Esta é a segunda edición desta proba que pretende ser un momento lúdico de fomento da actividade física na que participan familias enteiras cun fin solidario: colaborar cos labores de protección á infancia que desenvolve UNICEF en máis de 150 países.

Na proba colaboran, ademais das citadas entidades, Froitas Neves e Gadis, que achegan o avituallamento que se lles facilitará aos participantes; e o Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima, de Vigo, que será o encargado da asistencia médica sanitaria dos participantes que poidan necesitala.

O Concello facilitará non só o seu apoio organizativo, senón que tamén o dispositivo de seguridade e de tráfico necesario para garantir o bo discorrer da marcha e, por iso, participarán na proba efectivos da Policía Local e o Grupo de Voluntarios do Concello.

A marcha trasncurrirá  por Venezuela en dirección a Gran Vía, Lepanto, García Barbón, Isaac Peral, Areal, Colón, Policarpo Sanz, Paseo de Alfonso, Elduayen, Falperra, e Cachamuiña para rematar, novamente, na Praza do Rei.

As inscricións poderán formalizarse nas oficinas de UNICEF contactando vía correo electrónico ([email protected]) ou por teléfono (981.586.387), e o mesmo día da Marcha ciclista (a partir das 10 da mañá).

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.