Comarcas

Nace ‘Movemento Salceda» co alcalde á cabeza

“Tras unha longa reflexión”, 22 dos 23 candidatos do BNG, entre eles o alcalde, Marcos Besada e os seus 5 concelleiros do equipo de goberno, xunto co 90% dos simpatizantes e militantes  desta formación, aprobaron a creación dun novo proxecto político, Movemento Salceda.

Segundo subliñan nunha nota de prensa, o seu obxectivo son cada un dos veciños e veciñas do municipio e “seguir a levar a cabo o proxecto de transformación de Salceda que iniciamos no 2007 xunto co PSdeG-PSOE e que está plenamente vixente. A vontade da maioría dos salcedenses refrendou este proxecto no 2011. Polo tanto nós cumpriremos co noso cometido”.

Como subliñan os seus integrantes, “en momentos difíciles debemos impulsar respostas colectivas na defensa do ben común, na defensa de todo aquilo que levou moito tempo conquistar e que agora o PP quere roubarnos en pouco tempo”. A nova formación ten craro que “o importante son as persoas” polo cal invitan a toda a veciñanza de Salceda a achegarse a coñecer “Movemento Salceda”.

Esta formación subliña que o peso dos “aparatos de dirección” dentro das forzas políticas fai que «as dinámicas teñan sentido dentro delas, pero están moi lonxe das necesidades e problemas reais das persoas”, polo cal queren implementar  novas maneiras na política, “dinámicas de abaixo a arriba, dende os veciños e veciñas ata os responsables públicos, asemblearias, transversais, participativas, imaxinativas e comprometidas cos valores da esquerda plural e da nosa identidade como galegas e galegos”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.