Vigo al día

O Concello pon a dispor de desafiuzados sete pisos “a custo cero” en Navia

O Concello ofrecerá sete vivendas na parroquia de Navia para persoas afectadas por execucións hipotecarias, segundo o programa de realoxamento transitorio que aprobou este venres a Xerencia Municipal de Urbanismo.

Segundo explicou o alcalde, “o aluguer terá custo cero”, se ben os beneficiarios deberán facer fronte aos gastos de comunidade. O programa terá efectos retroactivos dende 2008.

Abel Caballero lembrou que  as sete vivendas, situadas na rúa Teixugueiras, se suman outras 7 procedentes do convenio relativo ao fondo social de vivendas, as cales tamén se poñen a disposición de persoas afectadas por lanzamentos hipotecarios.

Non obstante, advertiu de que este tipo de iniciativas “non suporán que decaia a batalla contra os desafiuzamentos” e subliñou que os bancos que os executen contarán coa “hostilidade” do Concello.

 

También te puede interesar