Vigo al minuto

O Concello pon a dispor de desafiuzados sete pisos «a custo cero» en Navia

O Concello ofrecerá sete vivendas na parroquia de Navia para persoas afectadas por execucións hipotecarias, segundo o programa de realoxamento transitorio que aprobou este venres a Xerencia Municipal de Urbanismo.

Segundo explicou o alcalde, “o aluguer terá custo cero», se ben os beneficiarios deberán facer fronte aos gastos de comunidade. O programa terá efectos retroactivos dende 2008.

Abel Caballero lembrou que  as sete vivendas, situadas na rúa Teixugueiras, se suman outras 7 procedentes do convenio relativo ao fondo social de vivendas, as cales tamén se poñen a disposición de persoas afectadas por lanzamentos hipotecarios.

Non obstante, advertiu de que este tipo de iniciativas “non suporán que decaia a batalla contra os desafiuzamentos” e subliñou que os bancos que os executen contarán coa «hostilidade» do Concello.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.