Comarcas

As Neves mellora o seu punto limpo e a súa depuradora

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou en As Neves as obras realizadas para mellorar o punto limpo, as fosas sépticas e a depuradora do concello, acompañado polo alcalde Raúl Emilio Castro.

Estas obras, que necesitaron un orzamento de preto de 54.000 €, foron sufragadas pola Consellería de Presidencia a través do Fondo de Compensación Ambiental. Neste caso, destináronse 30.000 € á compra e colocación de novos equipamentos no punto limpo nevense, a mellora da zona de carga e descarga e a iluminación.

Segundo explicou o alcalde, coa finalidade de mellorar o funzonamento do devandito punto, instaláronse dez novos contedores para a recollida do vidro e casestas para uso de almacén, aseos e oficinas. Asimismo, 7.552 € foron para obras de mellora nas fosas e outros 16.000 para gastos de funcionamento e mantemento da depuradora.

 

También te puede interesar