Cultura

Este domingo, nova ruta de sendeirismo de O Coto, neste caso por Esgos

A Asociación Cultural O Coto, unha das máis activas na defensa do patrimonio natural galego, organiza este domingo, día 12, unha nova ruta de sendeirismo, neste caso polo  Camiño Real de San Pedro de Rocas (Esgos).

Segundo nos informan, “trátese dun fermoso recorrido que transcorre por aquel  concello ourensán, por un antigo camiño que servía de comunicación cara a Aguiar e Ourense e que aínda conserva seus muros laterais e as pegadas das rodeiras dos carros”

O camiño pasa polo Mosteiro de San Pedro de Rocas que está declarado Monumento Histórico-Artístico e ofrece unhas vistas impresionantes do Pazo de Roca, que está rodeado dun bosque de coníferas.

Como sempre, a saída será dente o  Colexio Público Carballal (acceso pola Avda. do Aeroporto), ás 10 da mañá. A asociación lembra que aínda pódense reservar billetes de autobús, para o cal podedes chamar aos teléfonos  986 487957 e 676524529. Quedades [email protected]

 

También te puede interesar