RGPD - Cookies
Sucesos

Atopan en Vigo a unha rapaza que se fugara dun centro de menores de Ourense

Axentes da Policía Nacional de Vigo atoparon na cidade a unha rapaza de 17 anos de idade que permanecía desaparecida dun centro de protección de menores do concello ourensaán de San Cibrao das Viñas.

Segundo informa a Comisaría de Vigo, este venres, unha dotación policial que realizaba un control de persoas e vehículos na rúa Areal viu un coche ocupado por catro mozos e que, entre eles, había unha rapaza coas mesmas características que as da menor que estaba desaparecida.

Os axentes comprobaron a identidade do condutor e dos outros tres ocupantes e, tras isto, procederon a trasladar a menor ás dependencias policiais de López-Mora. Dende alí, contactaron coa Policía Autonómica para que esta se encargase do traslado e reingreso no centro de menores e deron conta do feito á Fiscalía de Menores.

 

También te puede interesar