RGPD - Cookies
Comarcas

O BNG levará a cabo unha campaña a prol dos Afectados polas Preferentes na comarca de Vigo

O  BNG anunciou, este xoves,que comeza unha rolda de actos abertos á cidadanía na comarca viguesa. O primeiro deles terá lugar mañá, venrtes 3 de maio, en Vigo, na Casa Galega da Cultura ás 7 da tarde. Este acto contará coa participación da deputada no Parlamento galego, Carme Adán, e o responsable local do Bloque, Henrique Viéitez.

Para o Bloque, “ lonxe de solucionarse esta problemática, agravouse aínda máis, por mor da decisión do goberno de Mariano Rajoy de proceder a unha quita sobre os aforros das cidadás e cidadáns atrapados en participacións preferentes e obrigas subordinadas”.

O Bloque Nacionalista Galego considera que esta quita “é un auténtico roubo a estes pequenos aforradores”. Só en Galicia vai significar a “expropiación” duns 600 millóns de euros, que serán transferidos desde os petos dos cidadáns para esas mesmas entidades bancarias que os estafaron.

Tras a convocatoria de Vigo, o BNG ten programados outros dous actos, que se celebrarán en Redondela, o venres 10 de maio, e en Gondomar, o mércores 15 de maio.

 

También te puede interesar