Galicia

O DOG publica a concesión do ‘cheque infantil’ para garderías de nen@s de 0 a 3 anos

O Diario Oficial de Galicia deste venres publica a orde de axudas do cheque infantil, que permitirá financiar unhas 1.000 prazas de escolas infantís para nenos de entre 0 e 3 anos cun presuposto de 1,4 millóns de euros. As axudas están destinadas a persoas que non resultasen adxudicatarias dunha praza pública ou ás familias que residen en localidades sen gardarías públicas, co obxectivo de financiar unha praza privada.

O orzamento parta este ano redúcese en 300.000 € que a Xunta cualifica de “axuste” que ten que ver co “actual escenario presupostario no que, en todo caso, se priorizan as partidas sociais”, recorte que o goberno galego asegura que compénsase coa  coa «ampliación de 400 prazas con respecto ao curso anterior”.

Esta convocatoria permitirá aos pais escoller o centro no que se matriculan os seus fillos, xa que agora son as familias as que perciben «directamente» esta contía a través dun bono mensual.

Esta nova forma de abono permite ás familias, segundo a Xunta, «unha maior flexibilidade» para poder escoller calquera centro, sempre que estea autorizado. Ao igual que no pasado exercicio, a contía a percibir varía en función da renda e oscila entre os 45 e os 250 € mensuais no caso de xornada completa e comedor.

En base a esto, o número de beneficiarios, que sempre está preto dos 1.000, pode variar, en función de cál sexa a renda das familias que piden cada ano estas axudas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.