Vigo al minuto

Vigo súmase ao fondo social de vivendas para personas desafiuzadas

O goberno local aprobará este venres a adhesión a un convenio estatal para a creación dun fondo social de vivenda para persoas desafiuzadas. En España, serán 5.891 as vivendas que se ofrezan en aluguer, en Vigo son 7 e en Galicia, 114.

Coa finalidade de poñer en aluguer vivendas de distintas entidades de crédito, o Concello se suma a un convenio que promove a creación dun fondo social de vivendas para persoas que foran desaloxadas da súa casa habitual por impago dun crédito hipotecario e que se atopen en situación de especial vulnerabilidade social.

Segundo explicou o alcalde, os beneficiarios deste fondo deberán cumprir unha serie de requisitos: o desafiuzamento, que ten que se posterior ao 1 de xaneiro de 2008, debe ser consecuencia dunha demanda de execución,por impago dun préstamo hipotecario, iniciado pola mesma entidade de crédito que constitúe o Fondo Social de Vivenda; os ingresos de membros da unidade familiar non debe superar o límite de 3 veces o Indicador Público de Renda, o IPREM, (1.597 €); e ten que estar en situación de especial vulverabilidade.

Para facer as valoracións, as entidades de crédito solicitarán informe aos servizos sociais do Concello. Neste punto, instou a todos aqueles cidadáns interesados que cumpran estes requisitos a que se dirixan xa ás dependencias da Concellería de Benestar onde serán asesorados

 

También te puede interesar