RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?'

O alcalde de Rairiz de Veiga convoca un Pleno ás 7 e media da mañá «porque todos temos que ir a traballar»

O Pleno do concello ourensán de Rairiz de Veiga, empezóu este xoves ás 7 e media da mañá para que, segundo indicou o seu alcalde, “todos poidan chegar a traballar”, xa que non hai ningún concelleiro que teña dedicación exclusiva. Xosé Xaquín Rodríguez daba, así, cumplimento á solicitud da oposición para tratar sobre un convenio asinado coa Consellería de Traballo e Benestar para o centro de maiores A Solaina e para o centro escolar da rede autonómica Galiña Azul.

«Xa sei que á oposición non lle gusta a hora pero poden levarme ao xulgado se cren que é ilegal. Convoquei a esa hora sabendo que protestarían igual se o convoco ás 13.00 horas, pois terían que comer pronto para ir xogar a partida», maniferstou o alcalde a distintos medios de comunicación.

Os plenos ordinarios  celébranse normalmente ás 12.30 horas, pero tamén os houbo ás 20.00 e ás 22.00 horas, “porque todos temos que traballar», salientou.

Xosé Xaquín Rodríguez engadiu que “os homes e mulleres desta terra como a miña nai, erguéronse sempre ás 6 da mañá para traballar no campo, pero a oposición protesta pola hora elixida polo alcalde porque eles empezan a traballar ás 11″.

 

También te puede interesar