RGPD - Cookies
Comarcas

A propietaria das máquinas de Alfageme, roubadas de Vilaxoán, ten varias pistas logo de ofrecer 6.000 € de recompensa

A empresa Tomás Guillén S.L.,que presentou unha denuncia por un suposto roubo de maquinaria na fábrica da conserveira de Alfageme en Vilagarcía de Arousa, recibiu varias chamadas xon información sobre este roubo, logo de que a firma ofrecese  unha recompensa de 6.000 €.

Tomás Guillén S.L., que comprou, xa hai meses, parte da maquinaria de Alfageme, que está en proceso de liquidación, e a principios deste mes se decatou de que na planta de Vilaxoán faltaba parte da maquinaria que constitúe unha liña de producción.

Inmediatamente a empresa puxo unha denuncia valorando o sustraído en pouco máis de 380.000 €.

 

También te puede interesar