Galicia

Unha delegación de Afectados polas Preferentes interven este mércores diante do Parlamento Europeo

Unha delegación da Coordinadora de Plataformas de Afectados de Galicia por Preferentes e Subordinadas, intervirá este mércores, día 24, diante da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para solicitar deste órgano un ditame que demande das autoridades comunitarias,  españolas e galegas que cumpran a normativa que “debía protexernos como clientes bancarios” e que se esixa aos respectivos Gobernos que arbitren as medidas, precisas, para que “as vítimas desta estafa recuperemos a totalidade dos nosos aforros”.

A decisión de presentar unha queixa en Bruxelas, aseguran os portavoces destas plataformas, “partiu do feito de descubrir que o Goberno español, na xustificación da petición dun rescate para a banca española, fixo constar que as persoas con participacións preferentes e subordinadas eramos todas inversoras, non aforradoras, como sucede en máis do 90% dos casos”. Como consecuencia da súa “falsificación”, agora pretende que “asumamos unha parte do rescate da banca nacionalizada espoliándonos a maioría dos nosos aforros”.

Para desmentir esta falsificación, xa a finais de novembro do 2012,  unha ampla representación da citada Coordinadora,  presentou unha queixa diante da Secretaría da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, que foi admitida a trámite e que vai ser debatida este mércores na citada Comisión. Xa naquel momento, a representación galega, acompañou a súa denuncia verbal con documentos que “recollían moitas das irregularidades cometidas polas Caixas galegas a hora de colocarnos estes produtos tóxicos,” así como testemuñas de persoas estafadas, datos e imaxes do perfil destas persoas e das mobilizacións realizadas, copias das sentenzas xudiciais e dos miles laudos arbitrais, “todos favorábeis aos clientes”.

Os membros da Coordinadora que van defender esta petición en Bruxelas, Suso Domínguez de Compostela, Xulio Vicente do Rosal e Miriam Rodríguez de Tui, tamén van acompañar a súa comparecencia con novas copias de documentos que acreditan que esta “foi unha estafa planificada e xeneralizada entre os aforradores galegos, un vídeo con novas testemuñas e denuncias de moitas Institución para reforzar esta petición”.

Por último, a delegación galega agarda un “ditame  claro e firme, que esixa ao Goberno español, dono do 100% de Novagalicia Banco,  a devolución da totalidade dos aforros que foron estafados por esta entidade a miles de galegos e galegas”. Si o Goberno do Estado “autorizou, consentiu, falsificou a realidade e legalizou esta estafa”, ten que asumir agora a súa responsabilidade e devolver aos “máis de 60.000 aforadores galegos que seguen estafados a totalidade do seu capital”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.