RGPD - Cookies
Cultura

Este martes preséntase a edición de ‘Cantares gallegos’ de Anxo Angueira

Coincidindo coa celebración do ‘Día do Libro’, este martes ás 7 e media da tarde, No Auditorio do Concello, preséntase o o libro ‘Cantares gallegos’ de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.

No acto, no que participarán Anxo Angueira e Manuel Bragado, ademáis do alcalde e a concelleira de Cultura, Alba Rodríguez Díaz cantará dous temas rosalianos e a poeta Luciana recitará varios poemas.

A presentación forma parte de “Alumea a túa Lingua”, un maratón de actos programado polo Concello, en colaboración con numerosas entidades da cidade, que deu comezo o pasado 22 de febreiro e rematará o 17 de maio -día da publicación de “Cantares Gallegos” en 1863 e Día das Letras Galegas-, cun total de 42 días de actividades en 42 puntos da cidade.

Neles, o Concello ven de promover accións para os máis pequenos, como contacontos ou teatro, e para o público en xeral, regueifas, foliadas, concertos, recitais poéticos, camiñadas polo Vigo do Rexurdimento, conferencias e mesas redondas, coa cooperación de numerosas entidades deportivas, culturais, veciñais, educativas, restaurantes, empresas, e comercios da cidade

Ademáis, as concellería de Cultura, Normalización Lingüística e Educación, adquirirán 7.000 exemplares dunha nova edición revisada da obra de Rosalía e unha guía do profesorado para distribuir nos centros públicos para o alumnado de 3º e 4º da ESO.

 

También te puede interesar