Vigo al minuto

O PP acusa ao alcalde de contratar con entidades que fan desafiuzamentos e o goberno resposta que non é verdade

O grupo municipal do Partido Popular no Concello denunciou este luns a “dobre moral” do alcalde por asegurar que as entidades que executasen ou propuxesen desafiuzamentos non poderían concorrer a futuras operacións de crédito co Concello e na convocatoria e adxudicación da operación de crédito deste ano, por valor de 9,1 millóns de euros, non se incluíu esa cláusula.

O PP sinala que o propio interventor fai constar no seu informe de adxudicación que “o único criterio” que se tivo en conta foi o económico. Así mesmo, constatou que, das cinco entidades que se presentaron, algunhas si levaron a cabo propostas de desafiuzamento.

Esta afirmación foi desmentida pola concelleira de Facenda quen, nunha nota enviada aos medios de comunicación subliña que “o contrato que ven de pechar o Concello contempla a posibilidade de cancelar o crédito no momento que o goberno municipal así o decida. Tanto é así, engade, que “xa está previsto que, se durante a execución do contrato se constatara execución de desafiuzamento algún, se cancelaría todo o préstamo cunha amortización anticipada, sen coste algún para as arcas públicas”.

Raquel Díaz engade que “ o PP de Vigo o que intenta é ocultar que o seu Goberno non acepta as reivindicacións dos colectivos afectados, negando sistemáticamente a dazón en pago”.

 

También te puede interesar