Galicia

Empregados de ‘Alimentos Lácteos’ maniféstanse diante da Xunta ante o peligro de peche da súa empresa

Os traballadores de ‘Alimentos Lácteos’ concéntrse este xoves diante das dependencias do complexo administrativo da Xunta en San Caetano, en Santiago, coa intención de forzar un pronunciamento por parte do Goberno galego sobre o futuro da empresa. O certo é que, de non facerse nada, a planta leiteira radicada no concello lucense de Outeiro de Rei, que está en preconcurso de acreedores, entrará en concurso e non terá outra saída que pechar.

Onte, logo de manter unha entrevista co alcalde de Outeiro, os membros do comité de empresa estiveron coa que, segundo asegura un dos delegados sindicais, “non avanzou nada”, despois de xestións realizadas en Compostela onde, “como en todos lados dixéronlles que hai que esperar”.

Os sindicatos salientan que trátase dunha situación moi preocupante que ameaza coa liquidación da planta polo cal piden aos responsables da Xunta “que se dignen a recibir ás partes interesadas xa que hai un compromiso por parte das cooperativas para subministrar leite dende o 1 de maio”.

Para o comité de empresa “urxe retomar a actividade” e, por elo, aproveitando a reunión semanal do Consello da Xunta e que o presidente estará de volta de México, trasladarán as súas mobilizacións a San Caetano, “para ver se reaccionan e apostan por un proxecto galego de base cooperativa”.

 

También te puede interesar