Vigo al día

O BNG concentrouse hoxe contra a legalización da ‘estafa’ das Preferentes

Os nacionalistas durante a concentración deste venres

O BNG de Vigo realizou hoxe unha concentración diante do Concello de Vigo contra a aprobación do onte, no Congreso dos Deputados, dunha quita mínima do 43% para os afectados polas Preferentes e que consideran a “legalización dunha estafa”.

No acto, a portavoz municipal nacionalista Iolanda Veloso deu lectura dun manifesto que considera que a decisión política que ampara esta estafa, así recoñecida en multitude de sentenzas xudiciais, “está baseada unicamente nos intereses do sector financeiro e consolida o culto á usura e á desigualdade”.

O comunicado amósase crítico coa actitude cos deputados e deputadas do PP, xa que “mentres din solidarizarse coas persoas afectadas aproban directamente ou consenten con complicidade a posición política do seu partido, aliado da banca e dos intereses financeiros”.

Tras a concentración, a deputada Olaia Fernandez Davila subliñou que o acontecido onte na Cámara Baixa foi un “acto indigno”, ao aprobar un Real Decreto que contempla unha quita mínima do 43% aos afectados polo producto tóxico.

A nacionalista criticou que o propio ministro de Economía, Luis de Guindos, e polo tanto o goberno estatal,  recoñeceu a execución dunha práctica abusiva das entidades financeiras. O goberno é coñedor da estafa e de que hai sentenzas xudiciais que así o recoñecen; e o que fixo onte foi legalizar unha estafa”, manifestou Fernández Davila.

Segundo informou a deputada, o BNG seguirá traballando para evitar “que se siga roubando aos afectadas polas Preferentes”, ao tempo que lembrou que os nacionalistas xa presentou unha proposición non de lei para eliminar os apartados na normativa que impiden cobrar o 100%.

Pola súa parte,  a deputada no Parlamento galego, Carme Adán, quen esixió ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que desvele “de que lado está”.

También te puede interesar