Vigo al día

Francisco Castro e Uxía Blanco impartirán os obradoiros de comunicación do Concello de Vigo

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza para a vindeira semana dous obradoiros relacionados coa expresión oral e escrita.

Segundo informou o Consistorio vigués, ambos obradoiros son de balde e están dirixidos a persoas adultas empadroadas na nosa cidade.

Os mesmos serán impartidos no Instituto Municipal de Educación (IME), no camiño do Chouzo, número 2, e o prazo de inscrición segue aberto para os dous cursos que serán impartidos polo escritor Francisco Castro e a actriz Uxía Blanco.

En canto ao de Castro -o vindeiro luns, día 15, e o mércores, día 17, de 17:00 a 19:00 horas- está dirixido a persoas ás que lles gusta escribir. As persoas que acudan terán a oportunidade de plasmar sobre o papel o que hai na súa imaxinación, literaturizar a súa vida ou xogar a crear mundos coas palabras.

Todas as persoas que participen terán a ocasión de escribir poemas, relatos, contos dende o primeiro momento.

Pola súa parte, o curso que impartirá Blanco -o vindeiro martes, día 16, e o xove, 18, de 17:30 e 20:00 horas- trataráse dun achegamento a como comunicarnos en público: vencer o medo ao micrófono, como modular a voz ou ordenar o discurso. Así, falarase sobre a importancia da linguaxe non verbal, a presenza e a brevidade.

 

También te puede interesar