RGPD - Cookies
Galicia

A familia Couso critica que a Fiscalía faga de «avogado» dos militares que mataron ao xornalista

A familia de José Couso, ven de criticar a actitude da Fiscalía durante os 10 anos que pasaron dende o asesinato do xornalista gráfico por parte do Exército na guerra de Iraq. Neste tempo, o fiscal tentou arquivar a causa contra os responsables da morte de José en tres ocaións. A nai e o irmán do cámara salientaron que seguen adiante grazas ao apio da xente e ao  interés  xuíz Santiago Pedraz quen conqueriu que o caso ssiga aberto ao rexeitar a petición do fiscal de pecar o mesmo admitindo novas probas presentadas pola defensa.

Para a familia Couso a actitude da Fiscalía é incomprensible posto que “converteuse no abogado defensor dos militares norteamericans deicando sen amparo a un cidadán español”. A iso engádese o feito de que os Estados Unidos seguen incumprindo o tratado bilateral con España, “amosando un total desprezo polo dereito internacional e tratándonos coma unha colonia, njon coma un aliado”.

A de José Couso é a única causa no mundo aberta contra a mariña estadounidenses. Actualmente, están procesados os tres militares que ordenaron, autorizaron e efectuaron o disparo que acabou coa vida de Couso. Tamén están imputados dous dos seus superiores como executores dun plan «para evitar que os medios de comunicación puidesen informar», segundo sinala o auto do xuíz.

A familia considera «unha grande vitoria que estes tres presuntos criminais, e dous imputados vaian estar toda a súa vida con esa mancha de ser dúas criminais de guerra» e, se cadra, “se salen dos Estados Unidos, algún día poidan ser detidos”.

 

También te puede interesar