Galicia

Cada galego gasta ao ano 487 € en sanidade privada

Galicia rexistra un gasto por habitante en sanidade privada que alcanza os 487 €. Segundo os datos do informe ‘Sanidade privada, achegando valor: Análise da situación en 2013’, elaborada polo Instituto para o Desenvolvemento e Integración da Sanidade (IDIS), Madrid, País Vasco, Cataluña e Baleares son as comunidades que contan cun maior gasto en este indicador, case o dobre que Murcia, Asturias ou Extremadura,

En concreto, e segundo os datos de 2012 recompilados por esta entidade, que agrupa ás principais aseguradoras e grupos hospitalarios privados de España, en Madrid o gasto por habitante en sanidade privada é de 676 €.

A esta séguenlle País Vasco (648), Cataluña (580), Baleares (560), A Rioxa (510), Castela e León (508), Cantabria (493), Galicia (487), Navarra e Castela-A Mancha (as dúas con 475), Aragón (435), Comunidade Valenciana (419), Canarias (390), Andalucía (383), Asturias (365) e Murcia (320).

O último informe do IDIS destaca o peso que segue xogando a sanidade privada para o mantemento do Sistema Nacional de Saúde (SNS), xa que supón un 2,45 % do Producto Interior Bruto (PIB) español e un 26,2% do gasto total en sanidade.

Isto é grazas a que o número de asegurados segue crecendo, un 1,25% en 2012 ata os máis de 6,9 millóns de personas, o que «contribúe á descarga e o aforro do sistema público», de 1.174 €por paciente e ano se o paciente é usuario único da sanidade privada e de 569 € se realiza un uso mixto.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.