RGPD - Cookies
Cultura

A campaña ‘Sen Mulleres non hai Galicia’, premiada polos publicistas

A Asociación de Medios Publicitarios de España acaba de galardoar cun AMPE de Prata á campaña do Goberno galego ‘Sen mulleres non hai Galicia’, organizada o ano pasado pola Secretaría Xeral da Igualdade para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

A campaña xa recibira o ano pasado o Premio á Mellor Produción Publicitaria na VI edición do Festival Internacional de la Publicidad Social, Publifestival. Agora, tras facerse co AMPE de Prata na categoría gráfica, ‘Sen mulleres non hai Galicia’ opta ao Gran AMPE de Ouro, que se entregará na propia gala de entrega dos premios, o vindeiro 17 de abril en Madrid.

Desde 1969, os medios publicitarios pertencentes á AMPE, no seu afán de recoñecer o valor creativo das axencias de publicidade e o esforzo nos investimentos dos anunciantes, outorgan anualmente os Premios Ampe nas categorías de Cine, Diarios, Exterior, Internet, Radio, Revistas e Suplementos, Televisión, e Multimedia.

A campaña ‘Sen mulleres non hai Galicia’ foi desenvolvida pola axencia de publicidade  BAP&Conde co “obxectivo de visibilizar e poñer en valor o papel das mulleres como piar económico fundamental da nosa Comunidade”.

 

También te puede interesar