Galicia

Un xulgado de Carballiño sentencia que NGB ten que devolver 73.000 € de Preferentes pola nulidade dos contratos

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de O Carballiño ven de condenar a Novagalicia Banco a devolver case 72.960 € euros, “máis o interese legal, e o pago das costas” a un matrimonio e a súa filla, titulares de preferentes e subordinadas, logo de declarar nulos os contratos asinados polos aforradores e a entidade.

A sentenza, estima  «a nulidade dos contratos, ordes ou operacións» coas que se adxudicaron aos tres demandantes estes productos que, subliña «son de alto risco». Por elo, a entidade debe devolver aos clientes 72.960 €, mentres que estes deben reintegrar o banco 5.973  que se corresponden cos rendementos percibidos estes anos.

Esta sentenza é a de maior contía en contra de Novagalicia Banco e da a razón a esta parella, que emigrou a Alemaña, e que gardara os seus aforros no que fora, primeiro Caixa Ourense, logo Caixanova e, finalmente NCG Banco.

O primeiro dos contratos, de 2003, si está asinado, aínda que a sentenza indica que o documento é «unha orde de subscrición de valores, non un contrato no que se detallen as características do produto concreto contratado e os seus riscos». Conclúe que aos clientes «non lles constaba» a natureza do produto.

Nas outras dúas operacións, o xuíz sinala que non hai «nin a máis mínima dúbida de que as mesmas non foron verdadeiramente consentidas por ningún dos demandantes». A entidade, resalta, «non achegou nin a máis mínima proba de que se informase os actores das características do produto ou de que se lles fixese o test de conveniencia”. Tampouco se presentou «ningún contrato nin orde de subscrición de valores asinada por ningún dos demandantes».

A sentenza, contra a que aínda cabe recurso, chama a atención tamén acerca de que no extracto de posicións «non se fala de participacións preferentes e obrigas subordinadas», senón que aparecen unhas denominacións –PT. Caixanova 05-05, por exemplo– para as que «os demandantes tiñan que usar intérprete».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.