RGPD - Cookies
Vigo al día

Vigo, conmemora os 150 anos de ‘Cantares Gallegos’ con 42 días de homenaxe a Rosalía

O maratón de actos «Alumea a túa Lingua» programado polo Concello, en colaboración con numerosas entidades da cidade, deu comezo o pasado 22 de febreiro e rematará o 17 de maio -día da publicación de «Cantares Gallegos» en 1863 e Día das Letras Galegas-, un total de 42 días de actividades en 42 puntos da cidade.

O alcalde, que participou hoxe na presentación destos actos, salientou que explicou que a obra de Rosalía de Castro, publicada na imprenta Juan Compañel da rúa Real, converteu entón a Vigo na «capital» do Rexurdimento e hoxe en epicentro das celebracións conmemorativas do 150 aniversario.

O goberno local organiza accións para os máis pequenos, como contacontosm ou teatro, e para o público en xeral, regueifas, foliadas, concertos, recitais poéticos, camiñadas polo Vigo do Rexurdimento, conferencias e mesas redondas, coa cooperación de numerosas entidades deportivas, culturais, veciñais, educativas, restaurantes, empresas, e comercios da cidade

O Concello, a través dos departamentos de Cultura, Normalización Lingüística e Educación, adquiriráa 7.000 exemplares dunha nova edición revisada da obra de Rosalía e unha guía do profesorado para distribuir nos centros públicos para o alumnado de 3º e 4º da ESO.

 

También te puede interesar