Comarcas

Cine pola igualdade en Tomiño

O Concello de Tomiño desenvolve ao longo deste mes de marzo un ciclo de cine con fondo sobre as desigualdades de xénero, no marco da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, que se celebrará o vindeiro día 8. As proxeccións, con entrada de balde, comezaron hoxe e desenvolveránse todos os domingos pola tarde e os xoves pola mañá no auditorio de Goián.

Trátase dunha das actividades audiovisuais promovidas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do cal o municipio e socio. Tras o filme de este domingo, a seguinte será o día 7 coa pieza O sorriso de Mona Lisa ás 11:00 horas, mentres que o día 10 pasarase Iron jawed angels ás 17:00 horas e o 14 de marzo pecharase a actividade co visionado de Princesas ás 11:00 horas.

Este ciclo cinematográfico ofrece unha visión crítica dos roles de xénero asignados nas sociedades nas que vivimos, o conxunto de expectativas diferentes para mulleres e homes que marcan a diferenza respecto de como ser, como sentir e como actuar. Un concepto que é fundamental comprender para entender tamén as inxustizas que xera.

As películas propostas son ademais un chamamento á desestruturación destes papeis para acadar a equidade.

También te puede interesar