Comarcas

Esquerda Unida califica de “conxunto de vaguedades” o Plan de Emprego de Nigrán

Esquerda Unida considera que a proposta de Plan de Emprego presentada polo equipo de goberno de  Nigrán “é un conxunto de vaguedades, sen datos concretos, tanto da situación concreta do desemprego actual, como as estimacións do que pensa lograr”. Segundo sinala EU, “o primeiro que hai que facer é un estudo do desemprego no Val Miñor para coñecelo e poder plantexar un plan adaptado as súas características”.

Na súa opinión, a formación debe ser impartida por desempregados e xestionada directamente polo concello, para evitar que os recursos destindados a ésta se “perdan en beneficios a empresas privadas”. En dito plan, segue Esquerda Unida,  “non concreta qué sectores productivos se van a potenciar, dando a impresión de que o seu plan consiste en potenciar o sector a construcción mediante a aprobación nun breve periodo de tempo do Plan Xeral de Urbanismo”.

Repecto ás outras medidas incluídas no plan do Concello, “pedimos que se fagan públicos os resutados das xestións feitas polo concello respecto aos postos de traballo creados no Porto do Molle”, indica a formación nunha nota de prensa e lembra que entre as “limitadas competencias” que ten o concello, está a modificación da ordenanza fiscal do imposto de actividades económicas, para o fomento de traballo de calidade.

Esquerda Unida considera que se debe crear un viveiro de empresas, así como o “fomento da economía social no concello, que a que mellor está resisitindo a crise económica”.

 

También te puede interesar