Vigo al minuto

O Concello de Vigo investiu preto de 35 millóns de euros no rural nos últimos 5 anos

O alcalde con varios dos seus concelleir@s visitando hoxe Cabral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves que a Concellería de Fomento investiu durante os últimos 5 anos preto de 35 millóns de euros no rural unha cifra que nada ten que ver co destinado ás  distintas parroquias «nos 50 anos anteriores».

Caballero, quen visitou a humanización da rúa Carballal, en Cabral, acompanado polo responsable do departamento de Fomento, David Regades, entre outros, explicou que na vía citada estase a executar unha beirarrúa de formigón na marxe esquerda e ampliación da calzada por un importe de 60.000€ e un prazo de execución de 2 meses.

Tal e como sinalou, e dado que a rúa é estreita foi precisa a cesión de terreo por parte dos veciños -nalghunas zonas máis de 2 metros- a coste cero para o Concello, para contruir a nova beirarrúa sen reducir o ancho dos carrís. En total, renováronse 200 metros cadrados de superficie e 115 metros de colectores. Esta obra eliminará na zona unha curva perigosa, engadiu o rexedor.

No caso de Cabral, o investimento foi superior 1 millón de euros en Cabral, Beade, Navia (zona antiga), Matamá, San Andrés de Comesaña, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Oia, Saiáns, San Paio, Sárdoma, Zamáns, Alcabre e Bembrive, mentres que en de Valadares, o investimento supera os dous millóns, mentres que en Lavadores ascendo ao 10 millóns, con Severino Cobas e Manuel Álvarez.

A estas cantidades, dixo o rexidor socialista, hai que sumar os custos das actuacións desenvolvidadas desde outros departamentos municipais como Parques e Xardíns, Participación Cidadá, Urbanismo ou Deportes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.