Galicia

O 061 atendeu a 64 persoas nos 52 accidentes de tráfico desta fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 64 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 12 da noite do venres ate a medianoite deste domingo, día 3. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 23 accidentes. A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico que xeraron 52 asistencias sanitarias. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 73 e 27% cento respectivamente, nas idades dos feridos, obsérvase cun 43% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos e, por provincias, foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 19 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 66. Así, ambulancia medicalizada acudiu a un sinistro,  as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 57 sinistros, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis sinistros e as ambulancias convencionais asistiron en dúas ocasións.

En 57 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, unha persoa foi levada ao Centro de Atención Primaria ou Punto de Atención Continuada, seis foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

 

También te puede interesar