Galicia

O PP apoia hoxe que se limite a entrada no Parlamento e en 2005 o comparaba co 23-F

Cargos do PP protestan ante o Parlamento de Galicia en 2005 logo de que se impedise a súa entrada ao mesmo

Os grupos da oposición no Parlamento de Galicia, PSdeG, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e BNG, veñen de protestar contra a anulación da potestade dos grupos parlamentarios de levar invitados aos plenos da cámara, decidida pola presidenta da institución, Pilar Rojo.

Os deputados da oposición, agás os portavoces, saíron do salón de plenos, este martes, logo da toma de posesión de tres novos deputados e, acto seguido, pediron a palabra os voceiros socialista, Pachi Vázuez, de AGE, Xosé Manuel Beiras, e do BNG, Francisco Jorquera, para rexeitar a decisión da presidenta. A continuación falou Pilar Rojo quen salientou que un informe dos servizos xurídicos da Cámara ratifica a medida.

O exterior do Pazo do Hórreo está protexido por un forte dispositivo da Policía e a rúa está cortada ao tráfico, mentras un grupo de traballadores de Navantia protesta pola decisión de non construir o dique flotante en Ferrol.

Curiosamente, en 2005, unha medida semellante, adoptada pola entonces presidenta do Parlamento de Galicia, foi calificada de “masacre” contra os dereitos dos deputados polo que era portavoz adxunto do grupo parlamentario do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo. Naquela ocasión, Dolores Villarino impediu a entrada a 40 alcaldes e cargos electos do PP, os deputados populares abandonaron o hemiciclo, comparando a decidión co intento de golpe de Estado do 23-F e Núñez Feijóo, logo de anunciar que o seu partido emprendería medidas legales contra a presidenta, calificou a medida de “antidemocrática, irresponsable e que racha todo o sucedido dende a preautonomía no que se refire ao respeto aos representantes dos cidadáns”.

 

También te puede interesar