Milleiros de personas,nas rúas de Compostela, en defensa do galego

Milleiros de personas atenderon o chamamamento da platafoma ‘Queremos galego’ e percorreron este domingo as rúas de Compostela en defensa da lingua galega e en contra da política lingüística do Goberno do Estado e da Xunta.

Baixo o lema ‘Pola lingua que nos une’,e aínda que non deixou de chover durante toda a mañán, a manifestación saiu ao mediodía da Alameda esixindo “a derogación do ‘decretazo’ contra o galego imposto por Feijóo” e amosando o seu total rexeitamento “á ley Wert, que o único que pretende é financiar con cartos públicos a iñorancia do galego”, segundo salientaron varios dos organizadores da convocatoria.

Os participantes, entre os que se atopaban membros dos tres partidos da oposición no Parlamento de Galicia,  de asociacións cidadás, representantes da cultura e dirixentes sindicais berraron distintas frases en contra da xestión do Partido Popular, coma  ‘manda carallo, nin galego nin traballo!’ ou ‘na Galiza queremos galego!’.

 

También te puede interesar